|
MARIA DE TOXEDIÑO |
Non lles chistou moito ás mulleres do C.D.R.
EIRADA cando lles falei de volver a semementar o liño... isto transportábaas
a tempos non tan antigos, que para nada querían recordar, tempos carentes
de todo... "que non volvan, que non volvan".... Tempos nos que a
pesar de..... recoñecen que foron moi felices... "a xuventude de agora, con todo o que ten, non se divirte coma nos" ....
Durante istes últimos vinte anos, volvemos sementar o liño, soamente coa
intención de recoller e transmitir cada unha das voltas que todo este
complicado proceso, de chegar ao fío desde a semente é...
Dende o primeiro momento de sementalo, foi xurdindo unha curiosidade curiosidade
por coñecer todo este proceso, que foi o que fixo que o sementásemos cada ano,
para poder amosalo en numerosos fiadeiros que fixemos por toda Galicia, Bierzo,
etc
Tamén promovido polo "Museo do Bierzo" un vídeo onde reflectimos
este labor, e chegou agora o momento da man de Augusto Rodríguez, aproveitando
todo o material fotográfico que nos@s amig@s nos teñen feito durante istes anos, de
poder plasmalo neste blog... e deste xeito, recordar e agradecer a todas as
mulleres e homes do C.D.R. por transmitirnos este coñecemento e a todas as persoas
que nestes anos interesáronse e apoiáronnos, en especial ás "pandeireteiras de
Cea" que nos acompañaron en tantos fiadeiros enchéndoos de alegría
coas súas voces e pandeiretas.
"AS VOLTAS DO LIÑO"
DA SEMENTE Ó SECADO DA PRANTA
|
LABRANDO A TERRA
|
LIÑAZA
|
SEMENTEIRA
|
|
SEMENTEIRA
|
PRANTA DE LIÑO
|
|
|
|
|
ARRIGA
|
FEIXES
|
RIPA
|
|
RIPA
|
BAGAÑA QUE CONTEN A LIÑAZA
|
EMPOZADO
|
EMPOZADO
|
ESCOANDO A AUGA
|
ESCOANDO A AUGA |
|
|
SECADO
|
LIÑO SECO |
|
|
|
|
|
|
|